Nos seguintes enlaces vense flores crecendo, xa os vimos na clase nunha actividade de flores, pero como lles gustaron tanto os poño aquí outra vez
Aínda que o tempo non acompañe hoxe comeza a primavera.
Vos animades a facer un pequeno mural?
Ou algunha manualidade da primavera?
Podedes facer manualidades dunha árbore con flores, o arco da vella, o sol, animais da primavera, ...
Hai moitos modelos. Aquí vos deixo varios exemplos e escolledes o que máis vos guste ou outro que miredes vós.
Depende moito das cousas que teñades pola casa
ÁRBORES
FLORES
SOLES
ARCO DA VELLA
XOANIÑAS
ABELLAS
BOLBORETAS
PAXAROS
GUSANOS
CARACOIS
Se tendes pintura na casa, aos nenos lles encanta facer as manualidades cas súas huellas
vos deixo imaxes de animais e flores feitos cas mans, dedos e pes.
Podemos aproveitar a primavera para traballar algo de MATEMÁTICAS.
Por exemplo:
- Debuxamos un gusano e con tapóns, bolitas de papel, algodón, ...lle poñemos o número que nos indique o dado despois de tiralo, ou tamén sin dado, un número ao azar. Outra opción é facelo con huellas do dedo. Tamén podemos facelo con xoaniñas, pétalos da flor, ...
- Noutro xogo empregariamos a xoaniña. Esta vez faremos sumas. Tiramos o dado (ou decimos un número ao azar) e colocamos as manchas que nos indica o número nunha ala. Logo tiramos outra vez e llas poñemos na outra ala. Por último facemos a suma total.
Neste exemplo o total sempre da 5, así estamos traballando a descomposición deste número, pero tamén podemos variar o resultado, non ser sempre o mesmo.
Como as bolboretas lles gustan moito tamén é unha opción válida.
- Ao igual que a xoaniñas, as flores e os seus pétalos dan moito xogo para traballar a descomposición dos números
Outra actividade interesante aproveitando a primavera sería facer un arco da vella para adornar nas nosas casas e dunha forma moi orixinal
Necesitades sal, tizas de cores, un tarro de cristal e un pouco de algodón
Botase a sal nun papel ou xornal e por encima da sal frotades as tizas. Así o sal se tiñe das cores.
Por último hai unha manualidade moi divertida dun gusano
So necesitades un pouco de papel, tesoira, regra, rotulador e palliñas
Ca palliña facemos que o gusano se mova!!!
É moi divertido
Se pinchas na imaxe tendes o vídeo cas instruccións para facer o gusano, é moi doado.
Cando teñades varios podedes facer carreiras.