VÍDEOS:
PIRAGÜÍSMO
REMO
VELA
O piragüísmo e o remo son moi parecidos vos propoño xogar ao típico xogo das diferenzas.
Preme o enlace
Nestes deportes van de 2 en 2, imos facer xogos de contar de 2 en 2
Primeiro podes ver unha canción moi divertida sobre este contido
Preme no enlace
Ideas para traballar o conteo de 2 en 2:
- Podemos escribir unha serie numérica ata o 10, 20 ou 30. Logo debaixo dos números pares (un sí, un non, un sí, un non, ... é como unha serie) ir colocando bolitas, anacos de papel, pompóns, ceras, ... o que teñades. Cando estén todos colocados ata o final da serie imos contando de 2 en 2 axudándonos visualmente cas cousas que colocaramos nos números pares.
Preme no seguinte enlace para velo mellor explicado
https://youtu.be/oEl6l5of4C0
https://youtu.be/oEl6l5of4C0
- Cos calcetíns da casa tamén lle podedes facer un xogo. Os poñedes desordenados por unha habitación e eles terán que buscar todas as parellas dos calcetíns. Cando xa teñan todos aproveitade para contalos de 2 en 2.
En papel tamén podedes debuxar calcetíns ou guantes (cada 2 teñen que ser iguais, para ter a súa parella) e logo emparexalos e volver a contar de 2 en 2. Cando esté o par xunto que o colguen con pinzas nun tendal improvisado
- Debuxamos un ciempiés con moitas patas (que sexa número par). O ciempiés ten frío, entón a cada par de patas lle debuxamos uns calcetíns iguais. Logo contamos de 2 en 2.
Este é un exemplo, pero fixadevos de que non ten os calcetíns iguais. Para o posterior conteo é mellor que cada par de calcetíns sexan iguais. En vez de debuxar os caltetíns tamén podedes debuxar solo o ciempiés e poñerlle encima os calcetíns da casa.
- Como no corpo temos 2 ollos, 2 orellas, 2 cejas, ... imos a xogar a construir caras con números. Podemos poñer tamén os 2 brazos, 2 pernas, ...
Tendes que facer números en papel e recortalos e logo deixar voar a vosa imaxinación
No seguinte enlace tendes varios exemplos moi divertidos
https://www.actividadeseducainfantil.com/2018/05/dibujamos-con-numeros.html
https://www.actividadeseducainfantil.com/2018/05/dibujamos-con-numeros.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario