miércoles, 18 de marzo de 2020

DEPORTES ACUÁTICOS 1

RECORDADE QUE ESTAS ACTIVIDADES E ORIENTACIÓNS NON SON OBLIGATORIAS. SON IDEAS POR SE QUEREDES FACER E QUE VOS SEXA MÁIS AMENA A CUARENTENA
ÁNIMO

CANDO VEXADES OS VÍDEOS FALADE COS NENOS, EXPLICADELLE OS DEPORTES, COMPARTIDE EMOCIÓNS, ...

NATACIÓN INDIVIDUAL
NATACIÓN  CON RELEVO
Cos dados podemos facer un xogo relacionado cas carreiras de natación. Facemos un camiño con cuadrados. En cada cuadrado podesdes escribir dentro os números. Por quendas imos tirando os dados (poden ser dous e así suman) e nos movemos os cadrados que nos sairan no resultado da suma. Logo tira o outro xogador. Así ata ver quen chega antes á meta. Debuxade os cadrados que vexades, dependendo se o queredes facer máis ou menos longo.
Algúns exemplos de camiños:

NATACIÓN SINCRONIZADA
Podemos xogar a poñer posturas de natación sincronizada ou inventar as nosas propias: tumbados no chan, pernas arriba, un brazo arriba e outro non, facemos piruetas, voltas, ... deixade voar a imaxinación.
A continuación tendes varias imaxes de posturas de natación sincronizada. Observadeas e xogade a dicir que poden ser esas posturas como por exemplo unha estrela, un sol, ... Tamén podedes intentar immitar algunha delas...jijiji

SALTO DE TRAMPOLÍN
Con este deporte podemos traballar a conta atrás, aos nen@s gústalle moito
Antes de saltar teñen que contar para atrás dende o 10 ata o 1
Podedes facer o xogo que vos deixo no seguinte enlace pero en vez de facelo ca recta numérica ordenada, facela ao revés, facendo a conta atrás.
Ademais tamén podedes xogar no seguinte enlace cun cohete e a retrocuenta
Este xogo xa o fixemos na clase cando foi do universo

2 comentarios: