O xoves 12 falei cos nenos da importancia dunha boa alimentación para os deportistas
O venres 13 ía facer con eles unha merenda con froita, como xa fixemos o ano pasado
Esten son os animais que fixemos o ano pasado. Se vos apetece podedes algún día na merenda facer algún animal.
Con folletos do supermercado podedes facer o semáforo da alimentación saudable. Recortarían alimentos bos, regulares e malos e os pegarían nas cores do semáforo.
Vermello: malos
Laranxa: regulares
Verde: bos
Se non tendes folletos tamén poden debuxar os alimentos.
Podedes aproveitar para que escriban algún alimento
A seguinte imaxe é un exemplo da manualidade:
No hay comentarios:
Publicar un comentario