jueves, 2 de abril de 2020

OUTROS DEPORTES

HALTEROFILIA

Estas imaxes é para ordenar a secuencia do leventamento de pesas. É moi doado xa que cada fase está marcada con un número
Cas pesas de halterofilia tamén podemos facer xogos. Fixadevos no número de cada pesa e podedes ordenalas de menor a maior ou ao revés. 

Podedes facer unhas pesas caseras con botellas de plástico e area e xogar a levantamento de pesas. 

EQUITACIÓN

Facer un circuíto con vallas pola casa e ir saltandoas.
Debuxar e pintar un cabalo con vallas para saltar. Cantas vallas ten que saltar?, practicamos as mates. Que nome lle poñemos ao cabalo?, practicamos a escritura.


TIRO CON ARCO

Arco e flechas caseras
Podedes facer unha diana marcándolle as puntuacións. Así xa teredes os materiais para xogar ao tiro con arco. Tirade por quendas e ide apuntando nun papel as puntuacións para logo contar o resultado final. Poñede puntuacións de números baixos para que lles sexa máis doado contar o total.
Deste xogo podedes facer variacións dependedo das posibilidades que teñades.

No seguinte enlace tendes outra versión do tiro con arco, ademáis de máis xogos de tirar a pelota, encestar, ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario