miércoles, 1 de abril de 2020

XIMNASIA RÍTMICA E ARTÍSTICA

Rítmica
Cinta
Pelota
Aros y mazas

Poñedes algunha canción e bailade como fan nos vídeos
Xogade a botar cousas liviáns ao aire e collelas
No enlace podedes ver un xogo de encestar con aros feito na casa. Para que os aros voen máis podedes facelos de cartón.

Artística
Salto potro
Barra equilibrio
Suelo
Barras asimétricas
Anillas
Paralelas
Caballo con arcos

Facer equilibrios pola casa
Xogar a saltar ó potro co noso corpo. Un se agacha ben encollido e o outro salta por encima.
Xogade a mariola
Saltade á comba

Facede debuxos dos deportes e escribide os seus nomes, para practicar a lectoescritura.
Ca ximnasia rítmica podemos xogar un pouco cas mates: me debuxo facendo ximnasia rítmica e tamén aos meus amigos e familiares. Logo lle coloco a cada un un aro, pelota, maza ou cinta. Contamos cantos elementos temos en total. Podemos empregar os dados, os tiramos e debuxamos o número de aros, pelotas, ... que nos indica. Tamén podemos prácticar as sumas, 4 aros máis 3 pelotas son 7 elementos.

Por último vos deixo uns enlaces para facer ximnasia cerebral
Son actividades moi divertidas


No hay comentarios:

Publicar un comentario