ONTE Ó CHEGAR A CLASE VIMOS UNHA COUSA QUE NOS GUSTOU MOITO.
UNHA CARTA DOS BOLECHAS!!!
LEMOS A CARTA E NELA POÑÍA QUE OS BOLECHAS FORAN A VISITAR OS CASTROS DE BAROÑA (QUE ERAN OS QUE ESTABAN NO POSTER) E QUE LLES GUSTARAN MOITISIMO.
TANTO LLES GUSTARON QUE QUEREN APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE OS CASTROS ES POR ISO NOS ESCRIBIRON.
COMO OS BOLECHAS SABEN QUE NOS INVESTIGAMOS E APRENDEMOS MOITAS COUSAS NOS MANDARON A CARTA PARA PEDIRNOS AXUDA.
NOS PEDIRON QUE INVESTIGARAMOS SOBRE OS CASTROS PARA LOGO CONTARLLE TODA ESA INFORMACIÓN A ELES E ASÍ POÑERSE MOI CONTENTOS.
POR SUPOSTO LLE RESPONDEMOS QUE SI!!!
ASÍ QUE ESTE TRIMESTRE IMOS APRENDER MOITO SOBRE OS CASTROS E ASÍ AXUDAR AOS BOLECHAS.
E POR ONDE EMPEZAMOS O PROXECTO?
INFORMANDO AS FAMILIAS E PEDINDO COLABORACIÓN.
FIXEMOS UNHA NOTA PARA CONTARLLE TODO ISTO AS FAMILIAS E PARA DECIRLLE QUE PODEN PARTICIPAR TRAENDO INFORMACIÓN, CONTÁNDONOS HISTORIAS, ...
PARA ESA NOTA FIXEMOS UNS CASTROS MOI BONITOS CON TAPAS E PINTURA
ASÍ DE BEN NOS QUEDARON OS NOSOS CASTROS
E QUE NOS TOCA FACER AGORA?
POIS RESPONDER AS PREGUNTAS DE QUE SABEMOS? E QUE QUEREMOS SABER?
SAIRON MOITAS IDEAS
QUE SABEMOS?
HAI UN RÍO
SON CASAS
HAI MOITAS ROCAS E PEDRAS
TIÑAN ANIMAIS
TEÑEN FORMA DE CIRCULO
QUE QUEREMOS SABER?
QUE COMÍAN E BEBÍAN
QUEN VIVÌA DENTRO
CON QUE ROUPA SE VESTÍAN
QUE ANIMAIS TIÑAN
COMO ERAN AS SÚAS CASAS
QUE FACÍAN DURANTE O DÍA
A QUE XOGABAN
QUE MÚSICA ESCOITABAN
SE TIÑAN LÁPIS E FOLIOS PARA ESCRIBIR
CON TODAS ESTAS IDEAS FIXEMOS UN MURAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario