jueves, 11 de octubre de 2018

ROUPA E COMPLEMENTOS DAS FADAS E TRASNOS

XA APRENDEMOS AS PARTES DO CORPO DAS FADAS E DOS TRASNOS.

COMEZAMOS CON OUTRO TEMA DE INVESTIGACIÓN...
CAL É A ROUPA QUE VISTEN AS FADAS E OS TRASNOS?
VISTEN A MESMA ROUPA CA NÓS?
PARA AVERIGUALO O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI BUSCAR INFORMACIÓN NOS LIBROS

AVERIGUAMOS QUE AS FADAS LEVAN:
GORRO, VESTIDO, ZAPATOS E VARITA MÁXICA.

E OS TRASNOS LEVAN:
GORRO, CAMISA, PANTALÓNS, ZAPATOS, CINTURÓN E CASCABEIS.



ESCRIBIMOS TODAS AS PRENDAS DE VESTIR E COMPLEMENTOS PARA QUE NON SE NOS ESQUECERAN.

LOGO PASÁMOLO MOI BEN CUN XOGO DE VESTIR A NENOS E NENAS.
TIÑAMOS MOITA ROUPA PARA POÑER

FIXEMOS EQUIPOS E XOGAMOS POR QUENDAS

COMO NOS GUSTOU TANTO VESTIR AOS NENOS E NENAS BUSCAMOS UN XOGO PARECIDO EN INTERNET.
PREME NO ENLACE SE TI TAMÉN QUERES XOGAR
(Para encontrar o xogo, cando entredes no enlace tendes que darlle aos dous nenos que están xuntos, onde pon "nosotros"; e logo a imaxe da roupa. Na imaxe da cara podese xogar a construir as partes da cara, recordando o investigado antes.
***En google chrome non funciona. Tendes que abrir o xogo con outro explorador como explorer ou mozilla firefox)

POR ÚLTIMO FIXEMOS UN DEBUXO MOI BONITO CON RECORTES DE REVISTAS.
CADA NENO E NENA ELIXIU FACER UNHA FADA OU UN TRASNO.
BUSCAMOS NOS FOLLETOS A SÚA ROUPA E A RECORTAMOS

CANDO XA A TIÑAMOS PEGADA NO FOLIO LLE DEBUXAMOS OS ELEMENTOS QUE FALTABAN COMO A CABEZA, AS ÁS, OS GORROS, ...
QUEDARON MOI BONITOS E DIVERTIDOS!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario