miércoles, 3 de octubre de 2018

AS PARTES DO CORPO

COMEZAMOS O PROXECTO INVESTIGANDO SOBRE AS PARTES DO CORPO DAS FADAS DOS E TRASNOS.
PRIMEIRO FIXEMOS VARIOS XOGOS PARA RECORDAR CALES SON AS NOSAS PARTES DO CORPO.

FIXEMOS UN QUEBRACABEZAS DUN NENO E DUNHA NENA.
DIVIDÍMONOS EN 2 GRUPOS E POR QUENDAS FOMOS POÑENDO AS PEZAS.

LOGO BAILAMOS A CANCIÓN DE "JUAN PEQUEÑO BAILA".
TIVEMOS QUE BAILAR CO DEDO, CA MAN, CO CÓBADO, CO OMBREIRO, CA CABEZA, CO XEONLLO, CO PÉ E CO CÚ.
O PASAMOS PIPA!!!

PREME NO ENLACE SE TI TAMÉN QUERES BAILAR

E POR ÚLTIMO XOGAMOS NA PANTALLA.
TIÑAMOS QUE ESCOITAR A PARTE DO CORPO QUE NOS DICÍAN E ATOPALA ENTRE VARIAS.
PREME NO ENLACE SE QUERES XOGAR.


LOGO PUXÉMONOS A INVESTIGAR...
COLLEMOS VARIOS LIBROS DA BIBLIOTECA E FOMOS BUSCANDO FADAS E TRASNOS PARA VER SE TIÑAN AS MESMAS PARTES CA NÓS.
BUSCAMOS MOI CONCENTRADOS!!!

Ó FINAL AVERIGUAMOS QUE AS FADAS E OS TRASNOS TEÑEN AS MESMAS PARTES DO CORPO CA NÓS.
AGÁS UNHA, AS FADAS TEÑEN ÁS!!!
FOMOS ANOTANDO TODAS AS PARTES PARA NON ESQUECERNOS...
CANTO TRABALLAMOS!!!
MAÑÁ SEGUIREMOS...


No hay comentarios:

Publicar un comentario