lunes, 15 de octubre de 2018

ONDE VIVEN?

CANTAS COUSAS ESTAMOS APRENDENDO!!!
COMEZAMOS CON OUTRO TEMA DE INVESTIGACIÓN...
UNHA DAS COUSAS QUE QUERIAMOS SABER ERA ONDE VIVEN AS FADAS E OS TRANOS, ASÍ QUE PUXÉMONOS A INVESTIGAR NOS LIBROS!!!
FIXEMOS PARELLAS E FOMOS BUSCANDO A INFORMACIÓN QUE NOS INTERESABA.


TAMÉN BUSCAMOS NOS LIBROS QUE TROUXERON VEGA E MARÍA

LOGO FIXEMOS UN COLOQUIO SOBRE ONDE NOS PARECÍA QUE VIVÍAN AS FADAS E OS TRASNOS.
DESPOIS DE BUSCAR NOS LIBROS FOI MOI DOADO...
TODOS CHEGAMOS AO ACORDO DE QUE AS FADAS E OS TRASNOS VIVEN NO BOSQUE!!!

BUSCAMOS IMAXES DE BOSQUES EN INTERNET.
E TAMÉN BUSCAMOS IMAXES QUE NON FORAN BOSQUES.
LOGO IMPRIMÍMOLAS E FIXEMOS XOGOS DE CLASIFICACIÓN.
DIVIDÍMOLAS EN IMAXES DE BOSQUES E DE NON BOSQUES E TAMÉN TENDO EN CONTA AS 4 ESTACIÓNS.


E COMO XA APRENDEMOS MOITOS SOBRE OS BOSQUES FIXEMOS OS NOSOS PROPIOS DEBUXOS DE BOSQUES CON FADAS E TRASNOS.
NOS QUEDARON ASÍ DE BONITOS!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario