ESTES DÍAS ESTIVEMOS INVESTIGANDO E APRENDENDO AS PARTES QUE TEÑEN OS BARCOS
PARA APRENDELOS NOMES FIXEMOS XOGOS MOI DIVERTIDOS
LOGO ESCRIBIMOS TODA A INFORMACIÓN PARA NON ESQUECELA
COMEZAMOS INVESTIGANDO COMO SE CHAMABAN OS "PAOS" NOS QUE ESTABAN COLGADAS A VELAS
AVERIGUAMOS QUE NON SE CHAMAN "PAOS", SENÓN MÁSTILES E QUE CADA BARCO TIÑA 3, UN GRANDE, UN MEDIANO E UN PEQUENO
ADEMAIS CADA UN DOS MÁSTILES TIÑA UN NOME DIFERENTE
VÓS SABEDES COMO SE CHAMAN?
POIS AQUÍ VOLO ENSINAMOS
OS XOGOS QUE FIXEMOS SON:
CAS PEZAS DE CONSTRUCIÓN FIXEMOS TODOS XUNTOS UN BARCO GRANDE E LOGO LLE PUXEMOS OS 3 MÁSTILES: O PALO MAYOR, O TRINQUETE E O MESANA
QUEDOUNOS XENIAL!!!
OUTRO XOGO FOI FACER GRUPOS DE 3 NENOS E NENAS PARA CONVERTIRNOS EN MÁSTILES
PARA FACER OS GRUPOS TIVEMOS EN CONTA AS ALTURAS, XA QUE O PALO MAYOR ERA O GRANDE, TRINQUETE O MEDIANO E MESANA O PEQUENO
A PROFE NOS PUXO UNHAS TELAS PARA FACER AS VELAS E NOS GUSTOU MOITO!!!
RIMOS A GARGALLADAS!!!
OUTRO DÍA INVESTIGAMOS OUTRAS PARTES DO BARCO
APRENDEMOS QUE A PARTE DE DIANTE SE CHAMA PROA E A PARTE DE ATRÁS POPA
QUE O "VOLANTE" SE CHAMA TIMÓN
E QUE OS TRIPULANTES VIXIABAN DENDE A COFA QUE ESTA NO PALO MAYOR
ADEMAIS ENCONTRAMOS QUE UN BARCO MIDE 25 METROS DE LONGO
CANTO ERAN 25 METROS? SON MOITOS OU POUCOS? PRONTO O IAMOS AVERIGUAR
PARA APRENDER ESTAS PARTES FIXEMOS OUTRO XOGO
PARA ISO SAÍMOS AO PATIO. YUJU!!!
ANTES DE COMEZAR O XOGO MEDIMOS CUN METRO XIGANTE OS 25 METROS
UNHA NENA AGUANTOU A PUNTA DO METRO E A PROFE FOI ESTIRANDO O METRO E NÓS FOMOS CONTANTO ATA CHEGAR AOS 25 METROS
TIVEMOS QUE CONTAR MOITO!!!
CANTO REMATAMOS QUEDAMOS ABRAIADOS, POIS A PROFE ESTABA MOI LONXE DE NÓS...
QUE GRANDES ERAN OS BARCOS!!!
OLLADE BEN NA IMAXE...
A PROFE SACOU A FOTO DENDE UNHA PUNTA DO BARCO E NÓS ESTAMOS NA OUTRA
NOS VEDES?
FIXEMOS UNHA CARREIRA E CHEGAMOS A ONDA A PROFE
LOGO ENTRE TODOS E CUNHAS CORDAS FIXEMOS UN RECTÁNGULO XIGANTE PARA CONSTRUIR UN BARCO
CANDO REMATAMOS LLE ENGADIMOS O TIMÓN E A COFA
E A XOGAR!!!
A PROFE TOCABA O PANDEIRO E NÓS MENTRES CORRIAMOS DENTRO DO BARCO
CANDO A PROFE DEIXABA DE TOCAR O PANDEIRO TIÑAMOS QUE ESCOITAR A PARTE DO BARCO QUE NOS DICÍA E IR CORRENDO CARA ELA
ASÍ APRENDEMOS ONDE ESTABA A PROA, A POPA, O TIMÓN E A COFA
LOGO CADA NENO E NENA TOCOU O PANDEIRO E DIXO A PARTE QUE MÁIS LLE GUSTABA
O PASAMOS XENIAL CON ESTES XOGOS!!!
QUE DIVERTIDO É APRENDER!!!
PREME NO ENLACE SE QUERES XOGAR CON PEPA A NAVEGAR CUNHA BARCA ESQUIVANDO OS LIXOS QUE APARECEN NO MAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario