HOXE FIXEMOS UN XOGO QUE NOS GUSTOU MOITO!!!
COLLIMOS 6 AROS PARA FACER QUE ERAN OS CONTINENTES:
1. EUROPA
2. ÁFRICA
3. ASIA
4. AMÉRICA
5. OCEANÍA
6. ANTÁRTIDA
LOGO CADA NENO E NENA COLLEU 2 ANIMAIS DOS QUE TEMOS NA CLASE E TIVEMOS QUE METELOS DENTRO DO SEU ARO CORRESPONDENTE, É DICIR, DENTRO DO SEU CONTINENTE
DESPOIS DE TANTO INVESTIGAR SOBRE OS ANIMAIS, ALGÚNS XA OS SABIAMOS MOI BEN PERO OUTROS TIVEMOS DÚBIDAS E PARA RESOLVELAS BUSCAMOS A INFORMACIÓN NO LIBRO QUE TROUXO MARTÍN
PRIMEIRO FIXEMOS A CLASIFICACIÓN COS ANIMAIS QUE TEMOS NA CLASE
O RESULTADO FOI O SEGUINTE:
NON TIÑAMOS NINGÚN ANIMAL DE OCEANIA E DA ANTÁRTIDA E TEMOS MOITOS DE EUROPA E ÁFRICA
ENTÓN VOLTAMOS A FACER A CLASIFICACIÓN COS ANIMAIS QUE NOS PRESTARON OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS
MOITAS GRAZAS
E ASÍ NOS QUEDOU DESTA VEZ:
TEMOS ANIMAIS EN TODOS OS CONTINENTES!!! YUJU!!!
APRENDEMOS MOITO E O PASAMOS XENIAL CON ESTA ACTIVIDADE
No hay comentarios:
Publicar un comentario