HOXE FOMOS DE EXCURSIÓN AO PARQUE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO.
TIÑAMOS MOITAS GANAS DE IR!!!
LOGO DUNHA VIAXE EN AUTOBÚS POR FIN CHEGAMOS
CHEGAMOS CON FAME ASÍ QUE ANTES DE COMEZAR COS OBRADOIROS MERENDAMOS PARA COLLER FORZAS
O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI VISITAR OS PETRÓGLIFOS
O GUÍA NOS CONTOU QUE OS DEBUXOS OS FACÍAN CHOCANDO CUNHA PEDRA PEQUENA SOBRE A PEDRA GRANDE E ASÍ SE ÍA DESFACENDO FORMANDO AS LIÑAS DOS DEBUXOS
O GUÍA DEIXOUNOS CHOCAR UN POUCO A PEDRA PARA OLLAR COMO SE FACÍA
TAMÉN FOMOS VER AS CASAS CASTREXAS
ESTAS ESTABAN FEITAS DE PALLA E BARRO
PUDEMOS ENTRAR NELAS
ERAN MOI GRANDES E OSCURAS....
CASE NON VIAMOS NADA...JAJA
DE SEGUNDO FOMOS FACER UN OBRADOIRO DE "PINTURA COAS MANS"
PARA FABRICAR A PINTURA PRIMEIRO TIVEMOS QUE MACHACAR O BARRO ENTRE DÚAS PEDRAS. O BARRO ESTABA ENCIMA DA PEDRA GRANDE E O MACHACAMOS CA PEDRA PEQUENA. LOGO LLE BOTAMOS AUGA
XA TIÑAMOS A PINTURA FEITA!!!
PERO ANTES DE COMEZAR A PINTAR TIÑAMOS QUE FACER OS DEBUXOS
E CON QUE OS IAMOS FACER?
OS CASTREXOS TIÑAN LÁPIS OU BOLÍGRAFOS?
POIS CLARO QUE NON
ELES DEBUXABAN CON CARBÓN ASÍ QUE TAMÉN O FIXEMOS NÓS.
CANDO XA TIÑAMOS OS DEBUXOS LISTOS PODIAMOS COMEZAR A PINTAR
PERO AGORA CON QUE IAMOS PINTAR?
OS CASTREXOS NON TIÑAN PINCEIS
O NOSO PINCEL FOI O NOSO DEDO.
ASÍ QUE, A PINTAR!!!
QUEDOUNOS UN MURAL CHULÍSIMO QUE LEVAMOS PARA Ó COLE E O IMOS POÑER NO NOSO MUSEO CASTREXO.
Ó REMATAR ESTE OBRADOIRO FOMOS COMER
XA TIÑAMOS FAME!!! ÑAM, ÑAM...
LOGO DE COMER PUDEMOS IR XOGAR Ó AIRE LIBRE
O PASAMOS MOI BEN!!!
BUSCAMOS CASTAÑAS, XOGAMOS AO ESCONDITE E O PILLA PILLA, FIXEMOS COMIDIÑA COAS FLORES, ...
DE TERCEIRO FOMOS Ó OBRADOIRO DE "EXHIBICIÓN DE LUME"
XA TIÑAMOS TODOS GANAS DE OLLAR O LUME!!!
O GUÍA FROTOU 2 PAUS, FIXO ALGO MÁXICO NA PALLA E LOGO SOPROU E SOPROU ATA QUE SAIU FUME
SEGUIU SROPANDO E TACHÁN!!!
FIXO LUME!!!
QUEDAMOS MOI ABRAIADOS!!!
DE CUARTO FOMOS VER O MUSEO ONDE OLLAMOS UNHA PELI DOS CASTREXOS E VARIOS VÍDEOS NA EXPOSICIÓN.
TAMÉN OLLAMOS UNHA CASA CASTREXA E COMO ERA POR DENTRO, VASOS E PRATOS DE BARRO, MAIS PETRÓGLIFOS E OS SÍMBOLOS QUE DEBUXABAN NELES, UN ESQUELETO, CERVOS, ...
DE QUINTO E ÚLTIMO FIXEMOS O OBRADOIRO DE "SEMENTES DO PASADO"
OLLAMOS SEMENTES DE CHÍCHAROS, FABAS, LENTELLAS, ...
E LOGO PRANTAMOS A NOSA SEMENTE
PRIMEIRO CADA NENO E NENA COLLEU O SEU VASO
COLLEMOS A NOSA SEMENTE
E LOGO DE BOTAR TERRA NO VASO PLANTAMOS A NOSA SEMENTE
PARA SABER CAL ERA O NOSO LLE PUXEMOS UNHA BANDERILLA CO NOME
POR ÚLTIMO AS REGAMOS UN POUCO
XA QUE TRABALLAMOS TANTO, LEVAMOS AS NOSAS SEMENTES PARA O COLE!!!JAJAJA
AGORA SÓ TEMOS QUE ESPERAR A VER SE MEDRAN...
NESTE OBRADOIRO TAMÉN FIXEMOS UN POUCO DE FARIÑA NUNS MUIÑOS CASTREXOS DE PEDRA.
OS GRANS ESTABAN ENCIMA DA PEDRA GRANDE E CA PEDRA PEQUENA TIVEMOS QUE FACER COMO SI AMASARAMOS E ASÍ SAIA A FARIÑA.
E XA FIXEMOS TODOS OS OBRADOIROS!!!
POR HOXE REMATAMOS...
TIÑAMOS QUE VOLTAR PARA CASA
TIÑAMOS QUE VOLTAR PARA CASA
FIXEMOS MOITÍSIMAS COUSAS E O PASAMOS XENIAL!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario