ONTE OLLAMOS ALGÚNS PETRÓGLIFOS EN CAMPO LAMEIRO PERO SABEDES QUE?
AQUÍ CERQUIÑA DO NOSO COLE TAMÉN TEMOS UN PETRÓGLIFO E HOXE FOMOS A VISITALO!!!
MONTAMOS NO AUTOBÚS E CHEGAMOS ATA O PETRÓGLIFO DA PICOTA
ALÍ ENCONTRAMOS UNHA PEDRA CON DEBUXOS DE VARIOS CÍRCULOS
COMO NOS GUSTOU TANTO INTENTAMOS CALCALO
PUXEMOS UN PAPEL ENCIMA E CUNHA CERA POSTA DE LADO PINTAMOS SUAVEMENTE.
ALGO ÍA QUEDANDO NO PAPEL, QUEDABAN CALCADOS OS CÍRCULOS!!!
QUE BEN!!!
CANDO MARCHAMOS TIVEMOS MOITA SORTE XA QUE CERCA DO PETRÓGLIFO ENCONTRAMOS UNHAS OVELLAS.
ESTIVEMOS FALANDO UN POUCO CON ELAS...JAJAJA
CANDO CHEGAMOS A CLASE FIXEMOS NUN PAPEL O DEBUXO QUE ESTABA FEITO NA PEDRA.
IMOS XUNTAR TODOS OS DE INFANTIL E FACER UN MURAL MOI BONITO PARA COLOCAR NO MUSEO CASTREXO...
No hay comentarios:
Publicar un comentario