jueves, 21 de junio de 2018

CHEGOU O VERÁN

XA LEVAMOS UN CURSO ENTEIRO NO COLE E PASOU VOANDO.
CHEGAMOS MOI NERVIOSOS PERO CON MOITAS GANAS DE VIR.
FOMOS MEDRANDO E APRENDENDO MOITAS COUSAS, E O MÁIS IMPORTANTE PASÁMOLO XENIAL!!!
AGORA VEÑEN AS VACACIÓNS DE VERÁN QUE IMOS DISFRUTAR MOITO. PERO EN SETEMBRO VOLTAREMOS CON MOITAS GANAS E MOITAS FORZAS.
BO VERÁN PARA TOD@S!!!

PREME NA IMAXE SE QUERES OLLAR UN RESUMO DO QUE FIXEMOS NESTE CURSO

martes, 19 de junio de 2018

PINTAMOS NAS PEDRAS

LOGO DE VISITAR VARIOS PETRÓGLIFOS, FACER O NOSO PETRÓGLIFO EN CARTULINA GRIS, SÓ NOS QUEDABA FACER UNHA COUSA...
FACER UN PETRÓGLIFO EN PEDRA!!!
ASÍ QUE NOS PUXEMOS MANS Á OBRA...

XA TIÑAMOS TODOS E TODAS AS NOSAS PEDRAS

AGORA TIÑAMOS QUE FACER O DEBUXO. O FIXEMOS CUNHA PINTURA MOI BRILLANTE
QUE BEN NOS QUEDARON!!!







lunes, 18 de junio de 2018

ANIVERSARIO DE IRUNE, VEGA, LEO E OLIVER

HOXE FESTEXAMOS NO COLE O ANIVERARIO DE IRUNE, VEGA, LEO E OLIVER
CUMPRIRON 4 ANOS!!!
PARABÉNS RAPACES!!!

PRIMEIRO FIXERON A SÚA COROA

QUEDALLES XENIAL!!!

LOGO CANTÁMOSLLE CUMPREANOS FELIZ
PREME NO ENLACE PARA ESCOITAR A CANCIÓN

E A BAILAR E A XOGAR COS GLOBOS!!!
O PASAMOS PIPA!!!


domingo, 17 de junio de 2018

SONS DOS ANIMAIS

XA ACERTÁSTEDES CALES ERAN OS ANIMAIS QUE VIVÍAN COS CASTREXOS?
MOI BEN!!!
POIS COMO NOS GUSTARON TANTO ESTES ANIMAIS FIXEMOS ALGUNHA COUSIÑA COS SONS QUE EMITÍAN.

PRIMEIRO OLLAMOS VARIOS VÍDEOS NOS QUE TIÑAMOS QUE ADIVIÑAR CALES ERAN OS ANIMAIS QUE FACÍAN ESES SONS.
TIVEMOS QUE ESTAR MOI ATENTOS!!!
SE QUERES XOGAR TI TAMÉN PREME NOS ENLACES.

CANDO XA TIÑAMOS CLARO QUE SONS FACÍAN A VACA, A OVELLA, O CABALO E O PORCO TAMÉN OS FIXEMOS NÓS.
FIXEMOS UN VÍDEO NO QUE GRAVAMOS AS NOSAS VOCES IMITANDO AOS ANIMAIS.
ADEMAIS BUSCAMOS MOITAS IMAXES BONITAS DOS 4 ANIMAIS.
PREME NA IMAXE SE QUERES VER O VÍDEO.
 

jueves, 14 de junio de 2018

IMOS A PRAIA

POR FIN CHEGOU O BO TEMPO!!!YUJU!!!
HOXE TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FOMOS ANDANDO ATA A PRAIA.
XOGAMOS NA AREA FACENDO CASTELOS, ENTERRANDO COUSAS, BUSCANDO CONCHAS, ...

E TAMÉN NOS MOLLAMOS UN POUCO OS PES NA AUGA.
PASÁMOLO XENIAL!!!

DEBUXAMOS PETRÓGLIFOS

COMO XA SOMOS UNS EXPERTOS EN PETRÓGLIFOS HOXE CADA NENO E NENA DEBUXOU O SEU PROPIO PETRÓGLIFO
O FIXEMOS SOBRE CARTULINA DA COR DA PEDRA.
OLLADE QUE BEN NOS QUEDARON!!!

 SOMOS UNS ARTISTAS!!!

miércoles, 13 de junio de 2018

PETRÓGLIFO DA PICOTA

ONTE OLLAMOS ALGÚNS PETRÓGLIFOS EN CAMPO LAMEIRO PERO SABEDES QUE?
AQUÍ CERQUIÑA DO NOSO COLE TAMÉN TEMOS UN PETRÓGLIFO E HOXE FOMOS A VISITALO!!!
MONTAMOS NO AUTOBÚS E CHEGAMOS ATA O PETRÓGLIFO DA PICOTA
ALÍ ENCONTRAMOS UNHA PEDRA CON DEBUXOS DE VARIOS CÍRCULOS
COMO NOS GUSTOU TANTO INTENTAMOS CALCALO
PUXEMOS UN PAPEL ENCIMA E CUNHA CERA POSTA DE LADO PINTAMOS SUAVEMENTE.
ALGO ÍA QUEDANDO NO PAPEL, QUEDABAN CALCADOS OS CÍRCULOS!!!
QUE BEN!!!
CANDO MARCHAMOS TIVEMOS MOITA SORTE XA QUE CERCA DO PETRÓGLIFO ENCONTRAMOS UNHAS OVELLAS.
ESTIVEMOS FALANDO UN POUCO CON ELAS...JAJAJA
CANDO CHEGAMOS A CLASE FIXEMOS NUN PAPEL O DEBUXO QUE ESTABA FEITO NA PEDRA. 

IMOS XUNTAR TODOS OS DE INFANTIL E FACER UN MURAL MOI BONITO PARA COLOCAR NO MUSEO CASTREXO...