lunes, 26 de febrero de 2018

ROSALÍA DE CASTRO

O 24 DE FEBREIRO CELEBROUSE O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
ESTES DÍAS ESTIVEMOS TRABALLANDO MOITO PARA COÑECER UN POUCO A ESTA GRAN MULLER.

APRENDEMOS QUE FOI UNHA GRAN POETISA QUE ESCRIBÍA EN GALEGO.

BUSCAMOS ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS OU ALGUNHA POESÍA QUE NOS FALARA DA SÚA VIDA.
ENCONTRAMOS DÚAS QUE NOS GUSTARON QUE ÍAN ACOMPAÑADAS DE CANCIÓNS. E NOS PUXEMOS MANS A OBRA!!!

O PRIMEIRO QUE TRABALLAMOS FOI A POESÍA DE "ROSALIA PEQUENIÑA"  

PREME NO ENLACE SE QUERES ESCOITAR A CANCIÓN

GUSTOUNOS TANTO QUE FIXEMOS DE POETAS E POETISAS E RECITAMOS ENTRE TODOS UN ANACO DA POESÍA.
PREME NA IMAXE PARA ESCOITARNOS


A OUTRA OBRA QUE NOS GUSTOU FOI A DE "ALBORADA DE ROSALÍA"
PREME NO ENLACE SE QUERES ESCOITALA

DESTA POESÍA SOLO TRABALLAMOS O ANACO DO PAXARO QUE DI:
"CANTA PAXARIÑO CANTA
DE POLIÑA EN POLA
QUE O SOL SE LEVANTA
POLO MONTE VERDE
POLO VERDE MONTE
ALEGRANDO AS HERBAS
ALEGRANDO AS FONTES"

FOMOS POLO PATIO A VER SE ATOPABAMOS ALGÚN PAXARO.
E VIMOS GAIVOTAS, POMBAS E TAMÉN PAXAROS PEQUENIÑOS!!!
TAMÉN OS ESCOITAMOS PIAR!!!

E CORREMOS DETRÁS DELES PARA VELOS VOAR


LOGO FIXEMOS UNHA CESTIÑA PARA METERLLE COMIDA OS PAXAROS.
PRIMEIRO PEGAMOS PAPEIS DE CORES NUN PAXARO PARA ADORNALA CESTA.


SEGUNDO PINTAMOS A CESTA DE VARIAS CORES CON PINCEIS 


E AGORA SO NOS FALTABA A SÚA COMIDA, QUE COMEN OS PAXAROS?
NOS LLE LEVAMOS ALPISTE.
XA TEMOS TODOS A NOSA CESTA E O NOSO ALPISTE.
A VER CANTOS PAXAROS VEÑEN A COMER...


E SABEDES QUE?
OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS NOS VIÑERON A DAR UNHA SOPRESA!!!
ENTRARON NA NOSA AULA E NOS ESTABAMOS MOI ATENTOS
QUE PASARÍA... 


 ADIVIÑADES O QUE FIXERON?
NOS CANTARON O ANACO DA POESÍA DO PAXARIÑO.
QUE BEN A SABÍAN!!!
PREME NA FOTO PARA ESCOITALOS CANTAR


MOITAS GRACIAS RAPACES!!!
NOS ENCANTOU A VOSA SORPRESA!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario