sábado, 3 de febrero de 2018

COLUMNA VERTEBRAL

ESTES DÍAS QUE ESTIVEMOS TRABALLANDO OS ÓSOS FIXÁMONOS NA NOSA COLUMNA VERTEBRAL, ESES BULTIÑOS DUROS QUE SE NOS NOTAN POLA ESPALDA.
SABEMOS QUE TEMOS MOITOS ÓSOS NA COLUMNA PERO NON SABIAMOS O NÚMERO CONCRETO.

FOMOS PALPANDO AS NOSAS ESPALDAS E FIXEMOS ESTIMACIÓNS DE CANTOS ÓSOS TERIAMOS. SAIRON CANTIDADES DE 10, 80, 1 MILLÓN, ... TIVEMOS VARIEDADE DE OPINIÓNS.

ENTÓN PENSAMOS, QUE TEREMOS QUE FACER PARA AVERIGUALO?
POIS BUSCAMOS EN INTERNET IMAXES DA COLUMNA VERTEBRAL E CONTAMOS AS VERTEBRAS.
CONTAMOS TODOS XUNTOS E XA O AVERIGUAMOS!!!
TEMOS 33 VERTEBRAS!!!


FIXEMOS EQUIPOS E CADA UN ESCRIBEU O NÚMERO 33




LOGO CADA EQUIPO CONTOU 33 PEZAS E CONSTRUIRON A NOSA COLUMNA VERTEBRAL.



MIRADE QUE GRANDES SON...


PASÁMOLO XENIAL!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario