miércoles, 28 de febrero de 2018

TÉCNICA DE SOPRADO




ONTE APARECEU NA NOSA CLASE UNHA COUSA MOI RARA. NON SABIAMOS QUE ERA. 

 BUSCAMOS COMO FUNCIONARIA AQUEL APARATO. E POR FIN LLE ENCONTRAMOS A SOLUCIÓN.

Ó MOVER O GUANTE PARA ARRIBA E PARA ABAIXO OS GLOBOS VERMELLOS DE DENTRO INFLABAN E DESINFLABAN.

PERO SEGUIAMOS SEN SABER QUE ERA AQUILO.
A PROFE DOUNOS UNHA PISTA.
É ALGO QUE TEMOS DENTRO DO CORPO QUE NOS SIRVE PARA RESPIRAR.
ADEMAIS VIMOS UN VÍDEO PARA VER SE DABAMOS CA RESPOSTA.



E POR FIN O ACERTAMOS!!!
SON OS PULMÓNS!!!


PROBAMOS A VER COMO FUNCIONAN...






LOGO PUXEMOS A TRABALLAR AOS PULMÓNS INFLANDO UN GLOBOS.
ESTABAN MOI DUROS!!!



E POR ÚLTIMO SEGUIMOS SOPRANDO PERO ESTA VEZ CON PALLIÑAS.

COMEZAMOS BOTANDO 4 MANCHAS DE PINTURA 




E SEGUIMOS SOPRANDO CUNHA PALLIÑA REPARTINDO TODA A PINTURA.
SOPRAMOS MOITISIMO!!!



LOGO DECIDIMOS POÑERLLE OLLOS, BOCA E NARIZ AOS NOSOS DEBUXOS E FIXEMOS UN LINDOS MOUNSTRUITOS...JAJAJA



NOS QUEDARON XENIAL!!!


lunes, 26 de febrero de 2018

ROSALÍA DE CASTRO

O 24 DE FEBREIRO CELEBROUSE O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
ESTES DÍAS ESTIVEMOS TRABALLANDO MOITO PARA COÑECER UN POUCO A ESTA GRAN MULLER.

APRENDEMOS QUE FOI UNHA GRAN POETISA QUE ESCRIBÍA EN GALEGO.

BUSCAMOS ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS OU ALGUNHA POESÍA QUE NOS FALARA DA SÚA VIDA.
ENCONTRAMOS DÚAS QUE NOS GUSTARON QUE ÍAN ACOMPAÑADAS DE CANCIÓNS. E NOS PUXEMOS MANS A OBRA!!!

O PRIMEIRO QUE TRABALLAMOS FOI A POESÍA DE "ROSALIA PEQUENIÑA"  

PREME NO ENLACE SE QUERES ESCOITAR A CANCIÓN

GUSTOUNOS TANTO QUE FIXEMOS DE POETAS E POETISAS E RECITAMOS ENTRE TODOS UN ANACO DA POESÍA.
PREME NA IMAXE PARA ESCOITARNOS


A OUTRA OBRA QUE NOS GUSTOU FOI A DE "ALBORADA DE ROSALÍA"
PREME NO ENLACE SE QUERES ESCOITALA

DESTA POESÍA SOLO TRABALLAMOS O ANACO DO PAXARO QUE DI:
"CANTA PAXARIÑO CANTA
DE POLIÑA EN POLA
QUE O SOL SE LEVANTA
POLO MONTE VERDE
POLO VERDE MONTE
ALEGRANDO AS HERBAS
ALEGRANDO AS FONTES"

FOMOS POLO PATIO A VER SE ATOPABAMOS ALGÚN PAXARO.
E VIMOS GAIVOTAS, POMBAS E TAMÉN PAXAROS PEQUENIÑOS!!!
TAMÉN OS ESCOITAMOS PIAR!!!

E CORREMOS DETRÁS DELES PARA VELOS VOAR


LOGO FIXEMOS UNHA CESTIÑA PARA METERLLE COMIDA OS PAXAROS.
PRIMEIRO PEGAMOS PAPEIS DE CORES NUN PAXARO PARA ADORNALA CESTA.


SEGUNDO PINTAMOS A CESTA DE VARIAS CORES CON PINCEIS 


E AGORA SO NOS FALTABA A SÚA COMIDA, QUE COMEN OS PAXAROS?
NOS LLE LEVAMOS ALPISTE.
XA TEMOS TODOS A NOSA CESTA E O NOSO ALPISTE.
A VER CANTOS PAXAROS VEÑEN A COMER...


E SABEDES QUE?
OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS NOS VIÑERON A DAR UNHA SOPRESA!!!
ENTRARON NA NOSA AULA E NOS ESTABAMOS MOI ATENTOS
QUE PASARÍA... 


 ADIVIÑADES O QUE FIXERON?
NOS CANTARON O ANACO DA POESÍA DO PAXARIÑO.
QUE BEN A SABÍAN!!!
PREME NA FOTO PARA ESCOITALOS CANTAR


MOITAS GRACIAS RAPACES!!!
NOS ENCANTOU A VOSA SORPRESA!!!






REMATAMOS CO CORAZÓN

XA REMATAMOS DE INVESTIGAR E APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE O CORAZÓN.

ENTRE TODOS VOLVEMOS A FACER OS CHURROS DE PLASTILINA PARA FACER AS VEAS E AS ARTERIAS.
ESTA VEZ ERAN PARA O NOSO MURAL DO "XOGO DO CORPO" QUE IMOS COMPLETANDO POUCO A POUCO.


ASÍ NOS QUEDARON AS VEAS E ARTERIAS...

E POR ÚLTIMO AS COLOCAMOS NO MURAL
E TAMÉN O CORAZÓN

MAÑÁ SEGUIREMOS CON MÁIS COUSAS... 


COMO XA SABIAMOS MOITO SOBRE O CORAZÓN DECIDIMOS IR A CLASE DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS PARA EXPLICARLLE TODO O QUE APRENDERAMOS.
ESTABAMOS TODOS PREPARADOS


NOS ESCOITARON CON MOITA ATENCIÓN.

E LOGO LLES DEMOS UNHA SORPRESA!!!
LLES PRESTAMOS O NOSO FONENDOSCOPIO E ASÍ ELES TAMÉN ESCOITARON OS LATIDOS DOS SEUS CORAZÓNS.
QUEDARON ENCANTADOS CA NOSA SORPRESA!!!