viernes, 27 de marzo de 2020

ATLETISMO

PROBAS DE ATLETISMO. VÍDEOS:

SALTO DE LONXITUDE
SALTO TRIPLE
SALTO DE ALTURA
SALTO CON PÉRTIGA

LANZAMENTO DE PESO
LANZAMENTO DE JABALINA
LANZAMENTO DE MARTILLO
LANZAMENTO DE DISCO

CARRERA
CARRERA CON VALLAS
CARRERA DE RELEVOS

Para traballar estes deportes podedes sacar ideas da entrada de "xogos de motricidade"

Podedes practicar saltos na casa poñendo un pao dunha escoba e ter que saltalo e cada vez subilo un pouco máis. Tamén podedes poñer obstáculos e os nen@s teñen que saltalos para chegar á meta. Están tamén os saltos de lonxitude no chan, podedes ir marcando a distancia colocando cousas no chan. Cunha corda podemos saltamos á comba, facer o xogo do reloxo ou o da serpe.
O da serpe
O do reloxo

Para traballar os lanzamentos na clase pintamos 2 pratos de cartón para facer un disco. Pero non nos dou tempo a xogar con el. 

Na casa intentade facer cos nen@s un pompón de la e xogar con el a lanzamentos. Se non tendes os materiais para o pompón podedes empregar outras cousas como pelotas, frisbees, ceras facendo de pértigas, ...
No enlace tendes unha forma moi rápida e sinxela de facer o pompón
https://www.youtube.com/watch?v=XIEpEzH3HIE

E por último para as carreiras podedes facelas na casa pero cambiandoas un pouco xa que temos o espazo limitado. É dicir, carreiras a pata coxa, a saltos cos dous pes xuntos, de equilibrios, con obstáculos, ...
Aquí tamén podedes facer varias cousas que vos puxen noutras entradas:
- O xogo das carreiras do gusano que está na entrada da primavera
- O xogo das carreiras debuxando os camiños que está na entrada de deportes acuáticos 1
E por último para traballar a atención dos nen@s vos deixo varios enlaces con traballos de laberintos
https://www.orientacionandujar.es/2018/02/09/tdah-trabajamos-la-atencion-laberintos-numeros-1-al-20/
https://www.orientacionandujar.es/2020/03/19/los-laberintos-de-los-dinosaurios-soluciones/

jueves, 26 de marzo de 2020

OS AMIGOS DO 10 E O ABECEDARIO

Na clase lemos moitas veces un conto que aos nen@s lles encanta
É o conto dos amigos do 10
Se premes no enlace podes ver un vídeo do mesmo e tamén un dossier de actividades sobre o conto
https://marquirell.blogspot.com/2019/09/material-abn-dossier-para-el-alumnado.html
No seguinte enlace podes acceder a páxina para descargar o conto en branco e negro para que o pinten os nen@s

Para seguir traballando os amigos do 10, hai actividades que podedes facer na casa
Premede nos enlaces para ver imaxes de cada actividade
- Cunha percha e pinzas. Con tubos de papel hixiénico e pelotas.
https://www.actiludis.com/2013/11/14/manipulamos-con-los-complementarios-del-10/amigos-del-10/

Para traballar un pouco o abecedario vos propoño facer o seguinte xogo:
Debuxar uns ovos e cortalos pola metade. Na metade de arriba escribir as letras do abecedario en mayúscula e na metade de abaixo en minúscuala. O poden facer os nen@s, ca minúscula axudádelle.
Logo se desordenan as metades e teñen que emparellar a letra mayúscula coa súa minúscula.
Tamén se pode facer con bolboretas, conos de xeado coa súa bola, ...
No seguinte enlace podes ver varios modelos pero si o fan os nen@s mellor xa que participan na elaboración do xogo e practican a escritura das letras
https://www.actividadeseducainfantil.com/2015/10/juegos-asociacion-mayusculas-y.html


martes, 24 de marzo de 2020

RELAXACIÓN DOS DEPORTISTAS

Os deportistas para  ir aos xogos olímpicos entrenan durante moito tempo e precisan moita concentración e relaxación.
Vos animo a que fagades un pouco de ioga en familia.
Preme nos enlaces para ver como se fai

Pintar mandalas tamén serven para relaxarse ademais de ter outros beneficios.
Vos deixo aquí un enlace onde podedes encontrar varios exemplos para pintar
https://www.orientacionandujar.es/2009/02/23/fichas-atencion-mandalas-ii/
Tamén os poden crear os propios nen@s e logo pintalos.

Os seguintes enlaces son mandalas para pintar online

lunes, 23 de marzo de 2020

DEPORTES ACUÁTICOS 2

VÍDEOS:
PIRAGÜÍSMO
REMO
VELA

O piragüísmo e o remo son moi parecidos vos propoño xogar ao típico xogo das diferenzas.
Preme o enlace

Nestes deportes van de 2 en 2, imos facer xogos de contar de 2 en 2
Primeiro podes ver unha canción moi divertida sobre este contido
Preme no enlace
Ideas para traballar o conteo de 2 en 2:
- Podemos escribir unha serie numérica ata o 10, 20 ou 30. Logo debaixo dos números pares (un sí, un non, un sí, un non, ... é como unha serie) ir colocando bolitas, anacos de papel, pompóns, ceras, ... o que teñades. Cando estén todos colocados ata o final da serie imos contando de 2 en 2 axudándonos visualmente cas cousas que colocaramos nos números pares.
Preme no seguinte enlace para velo mellor explicado
https://youtu.be/oEl6l5of4C0

- Cos calcetíns da casa tamén lle podedes facer un xogo. Os poñedes desordenados por unha habitación e eles terán que buscar todas as parellas dos calcetíns. Cando xa teñan todos aproveitade para contalos de 2 en 2.
En papel tamén podedes debuxar calcetíns ou guantes (cada 2 teñen que ser iguais, para ter a súa parella) e logo emparexalos e volver a contar de 2 en 2. Cando esté o par xunto que o colguen con pinzas nun tendal improvisado

- Debuxamos un ciempiés con moitas patas (que sexa número par). O ciempiés ten frío, entón a cada par de patas lle debuxamos uns calcetíns iguais. Logo contamos de 2 en 2.
Este é un exemplo, pero fixadevos de que non ten os calcetíns iguais. Para o posterior conteo é mellor que cada par de calcetíns sexan iguais. En vez de debuxar os caltetíns tamén podedes debuxar solo o ciempiés e poñerlle encima os calcetíns da casa.

- Como no corpo temos 2 ollos, 2 orellas, 2 cejas, ... imos a xogar a construir caras con números. Podemos poñer tamén os 2 brazos, 2 pernas, ...
Tendes que facer números en papel e recortalos e logo deixar voar a vosa imaxinación
No seguinte enlace tendes varios exemplos moi divertidos
https://www.actividadeseducainfantil.com/2018/05/dibujamos-con-numeros.html

viernes, 20 de marzo de 2020

COMEZA A PRIMAVERA

Nos seguintes enlaces vense flores crecendo, xa os vimos na clase nunha actividade de flores, pero como lles gustaron tanto os poño aquí outra vez

Aínda que o tempo non acompañe hoxe comeza a primavera.
Vos animades a facer un pequeno mural?
Ou algunha manualidade da primavera?
Podedes facer manualidades dunha árbore con flores, o arco da vella, o sol, animais da primavera, ...
Hai moitos modelos. Aquí vos deixo varios exemplos e escolledes o que máis vos guste ou outro que miredes vós. 
Depende moito das cousas que teñades pola casa

ÁRBORES
FLORES
SOLES
ARCO DA VELLA
XOANIÑAS
ABELLAS
BOLBORETAS
PAXAROS
GUSANOS
CARACOIS
Se tendes pintura na casa, aos nenos lles encanta facer as manualidades cas súas huellas
vos deixo imaxes de animais e flores feitos cas mans, dedos e pes.



Podemos aproveitar a primavera para traballar algo de MATEMÁTICAS.
Por exemplo:
- Debuxamos un gusano e con tapóns, bolitas de papel, algodón, ...lle poñemos o número que nos indique o dado despois de tiralo, ou tamén sin dado, un número ao azar. Outra opción é facelo con huellas do dedo. Tamén podemos facelo con xoaniñas, pétalos da flor, ...

- Noutro xogo empregariamos a xoaniña. Esta vez faremos sumas. Tiramos o dado (ou decimos un número ao azar) e colocamos as manchas que nos indica o número nunha ala. Logo tiramos outra vez e llas poñemos na outra ala. Por último facemos a suma total.
Neste exemplo o total sempre da 5, así estamos traballando a descomposición deste número, pero tamén podemos variar o resultado, non ser sempre o mesmo.
Como as bolboretas lles gustan moito tamén é unha opción válida.

- Ao igual que a xoaniñas, as flores e os seus pétalos dan moito xogo para traballar a descomposición dos números
 

Outra actividade interesante aproveitando a primavera sería facer un arco da vella para adornar nas nosas casas e dunha forma moi orixinal
Necesitades sal, tizas de cores, un tarro de cristal e un pouco de algodón
Botase a sal nun papel ou xornal e por encima da sal frotades as tizas. Así o sal se tiñe das cores.
 Logo cada cor vaise botando no tarro. Por encima de todo hai que poñer o algodón.
Podedes ver os pasos no seguinte enlace
https://www.pintarisas.com/arcoiris_tarro.html

Por último hai unha manualidade moi divertida dun gusano
So necesitades un pouco de papel, tesoira, regra, rotulador e palliñas
Ca palliña facemos que o gusano se mova!!!
É moi divertido
Se pinchas na imaxe tendes o vídeo cas instruccións para facer o gusano, é moi doado.
Cando teñades varios podedes facer carreiras.