ESTES DÍAS APRENDEMOS QUE OS CARACOIS SON INVERTEBRADOS
E QUE QUERE DICIR ISO?
POIS QUE POR DENTRO DO CORPO NON TEÑEN ÓSOS
PARA APRENDER UN POUCO MÁIS SOBRE ISTO VIMOS UNS VÍDEOS DE ANIMAIS INVERTEBRADOS E VERTEBRADOS
PREME NOS ENLACES SE QUERES VELOS
LOGO BAILAMOS UNHA CANCIÓN MOI DIVERTIDA SOBRE OS ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS
PREME NO ENLACE SE QUERES ESCOITALA
COMO XA APRENDEMOS MOITO E COÑECEMOS MOITOS ANIMAIS QUE TEÑEN ÓSOS E OUTROS QUE NON TEÑEN FIXEMOS UN XOGO MOI DIVERTIDO
CADA UN IMITAMOS A UN ANIMAL SEN DECIRLLO AO RESTO DOS COMPAÑEIROS XA QUE TIÑAN QUE ADIVIÑALO
LOGO DE ADIVIÑALO TIÑAMOS QUE ACERTAR SE É VETEBRADO OU INVERTEBRADO
O PASAMOS XENIAL IMITANDO ÓS ANIMAIS E ACERTANDO OS DOS COMPAÑEIROS
ACERTAMOS CASE TODOS!!!
PREME NA IMAXE SE NOS QUERES VER NUN VÍDEO
A VER CANTOS ACERTADES VÓS...
POR ÚLTIMO DEBUXAMOS ANIMAIS QUE NON TEÑEN ÓSOS, A PARTE DO CARACOL
APRENDEMOS MOITOS MÁIS!!!
FIXEMOS ESTRELAS DE MAR, PULPOS, ABELLAS, BOLBORETAS, LIBÉLULAS, GUSANOS, MOSCAS, OURIZOS DE MAR, CALAMARES, ARAÑAS, ...
QUEDARON MOI BONITOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario