viernes, 31 de mayo de 2019

PARA QUE EMPREGAN A BABA?

ONTE INVESTIGAMOS PARA QUE EMPREGAN A BABA OS CARACOIS E LOGO FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA...

PRIMEIRO ESCRIBIMOS O QUE APRENDEMOS
EMPREGAN A BABA PARA:
"MOVERSE E AGUANTARSE
PROTEXERSE E CURARSE AS FERIDAS"

E LOGO XOGAMOS COS CARACOIS
COLLEMOS UN E O OBSERVAMOS MENTRES ÍA DEIXANDO A BABA NO NOSO TRABALLO
PARA QUE SAIRAN DA CONCHA LLE CANTAMOS MOITO!!!
LOGO DEIXAMOS SECAR A BABA
UNHA VEZ SECA A PINTAMOS CON PURPURINA PARA QUE SE NOTARA MÁIS O CAMIÑO QUE FORON DEIXANDO

E ASÍ DE BRILLANTES NOS QUEDARON!!!

jueves, 30 de mayo de 2019

SORPRESA, SORPRESA!!!

VOS ACORDADES DAS BOLAS DE PLASTILINA E AS FIGURAS QUE FIXEMOS COA MASA DE MODELAR?

POIS POR FÍN CHEGOU O DÍA NO QUE VOS IMOS CONTAR A GRAN SORPRESA!!!

ENTRE TODO COLE FIXEMOS UN MUSEO DA 1ª VOLTA AO MUNDO

POIS AS MANUALIDADES QUE ESTIVEMOS FACENDO FORON PARA O MUSEO
FIXEMOS OS BARCOS DA 1ª VOLTA AO MUNDO COS SEUS TRIPULANTES

UN MURAL DA ENFERMIDADE DO ESCORBUTO

E FIXEMOS FIGURAS DO ALMORZO DOS TRIPULANTES
PERO TODO ISTO VESE MOITO MELLOR SE O VINDES A VER Ó COLE!!!
A PARTIR DE MAÑÁ ESTADES TODOS E TODAS INVITADOS/AS

NÓS XA O FOMOS VER E ESTÁ TODO PRECIOSO!!!
 HAI MOITAS COUSAS ADEMAIS DAS QUE FIXEMOS NÓS
TENDES QUE VIR A VELO!!!
VOS ESPERAMOS...

XOGO DA BIBLIOTECA

COMO CADA XOVES VOLTAMOS A BIBLIOTECA

XA QUEDA POUCO PARA REMATAR O CURSO ASÍ QUE PARA QUE NOS DE TEMPO CHEGAR A META COMEZAMOS A TIRAR CON 2 DADOS...
QUE BEN!!!
AGORA SI QUE IMOS IR RÁPIDOS!!!

TIRARON OS DADOS MARTÍN E OLIVER
SACAMOS UN 5 E UN 2
SUMAMOS E O RESULTADO FOI UN 7!!!
NOS MOVEMOS ATA A CASILLA NÚMERO 48
 
AGORA SI QUE IMOS CHEGAR A META...

miércoles, 29 de mayo de 2019

HIBERNACIÓN

PORQUE NON VEMOS OS CARACOIS DURANTE TODO O ANO?
ESTES DÍAS O ESTIVEMOS INVESTIGANDO E APRENDEMOS MOITAS COUSAS

NAS ESTACIÓNS DO OUTONO E INVERNO, COMO FAI MOITO FRIO, OS CARACOIS FAN A HIBERNACIÓN

CONTAMOS CANTOS MESES ESTÁN FACENDO A HIBERNACIÓN
E COMO A FAN?
CUBREN A SÚA CONCHA CUNHA CAPA BRANCA E QUEDAN DENTRO DELA DURANTE TODO ESE TEMPO
VIMOS IMAXES
TAMÉN VIMO UN VÍDEO
PREME NO ENLACE


DEBUXAMOS UN CARACOL E UN SOL NO MES QUE COMEZA A PRIMAVERA QUE É CANDO OS CARACOIS SAEN DA SÚA CONCHA

FIXEMOS UNHA MANUALIDADE MOI DIVERTIDA NA QUE O CORPO DO CARACOL SAE E ENTRA DA CONCHA
GUSTOUNOS MOITO!!!

ADEMAIS DO CARACOL HAI MÁIS ANIMAIS QUE FAN A HIBERNACIÓN
BUSCAMOS ALGÚN DELES

DEBUXAMOS E ESCRIBIMOS OS QUE MÁIS NOS GUSTARON

POR ÚLTIMO FIXEMOS UNHA COUSA QUE NOS ENCANTA...
NOS TRANSFORMAMOS EN CARACOIS!!!
PRIMEIRO FIXEMOS QUE ESTABAMOS NO OUTONO E INVERNO FACENDO A HIBERNACIÓN E LOGO CANDO VEU A PRIMAVERA SAÍMOS DA CONCHA E DEMOS PASEOS
O PASAMOS MOI BEN!!!
PREME NA PRIMEIRA IMAXE PARA VELO VÍDEO