jueves, 25 de abril de 2019

COMEZAMOS NOVO PROXECTO

HOXE NA NOSA AULA APARECEU ALGO MISTERIOSO...

CANDO CHEGAMOS VIMOS POLO CHAN UN CAMIÑO DE HERBA.
PORQUE ESTABA ISTO AQUÍ? QUEN O TROUXO?...
FORON MOITAS AS PREGUNTAS QUE NOS PLANTEXAMOS.


COMO NON AVERIGUABAMOS NADA DECIDIMOS BUSCAR ARREDOR A VER SE ENCONTRABAMOS ALGO MÁIS. E ASÍ FOI... ENCONTRAMOS UNHA NOTA E ALGO MÁIS!!!


NESA NOTA POÑÍA QUE UN GRUPO DE 10 AMIGOS VIÑERAN A NOSA AULA E QUE COMO ERA TAN GRANDE SE PERDERAN ENTRE OS NOSOS XOGUETES. ENTÓN NOS PEDIRON AXUDA PARA QUE SE VOLVERAN A ENCONTRAR E ESTAR XUNTIÑOS OUTRA VEZ.

PERO AÍNDA NON SABIAMOS QUE ERAN ESES 10 AMIGOS. QUE PODÍAN SER?

PARA SABELO TIÑAMOS QUE BUSCAR 12 PEZAS POLA AULA E CONSTRUIR UN QUEBRACABEZAS. ENTÓN PUXÉMONOS A BUSCALAS...

CANDO XA  ENCONTRAMOS TODAS  ABRIMOS OS PAQUETES PARA CONSEGUIR AS PEZAS

AS COLOCAMOS NO SEU SITIO E...

 TACHÁN!!!

APARECEU UN CARACOL!!!

NA NOSA AULA TIÑAMOS 10 CARACOIS ESCONDIDOS QUE ENTRARON POLA VENTÁ...


COMO NOS GUSTAN TANTO ESTOS BICHIÑOS, CADA UN DEBUXOU NA PIZARRA UN CARACOL

QUEDARON MOI CHULOS!!!

QUE CONTENTOS VAN ESTAR OS CARACOIS DA NOSA AULA!!!


TEMOS QUE COMEZAR A INVESTIGAR E APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE OS CARACOIS PARA AXUDALOS.

 O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI ESCRIBIR UNHA NOTA PARA AS FAMILIAS NA QUE DEBUXAMOS ESTES ANIMAIS

CONTINUARÁ...
QUE BEN O IMOS PASAR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario