martes, 30 de abril de 2019

A ESPIRAL DA CONCHA

COMO XA SABIAMOS QUE A CONCHA DO CARACOL TEN FORMA DE ESPIRAL HOXE FIXEMOS UN TRABALLO MOI ENTRETIDO

TIVEMOS QUE SEGUIR UNHA SERIE DE CORES FACENDO TODA A ESPIRAL, DENDE O CENTRO ATA O FINAL

LOGO FIXEMOS UNHA MANUALIDADE MOI DIVERTIDA
TIVEMOS QUE SEGUIR UNS PASOS:
1 FACER DOUS CHURROS CON DOUS ANACOS DE PLASTILINA, UN PEQUENO E OUTRO MÁIS ESTIRADO

2. CO ANACO MÁIS ESTIRADO FIXEMOS UNHA ESPIRAL

3. CON DOUS ANACOS DE PLASTILINA BRANCA FIXEMOS 2 BOLIÑAS

E TACHÁN!!!
FIXEMOS UNS CARACOIS DE PLASTILINA!!!
ESTÁN MOI SIMPÁTICOS...

NOS ENCANTAN OS NOSOS CARACOIS!!!

QUE QUEREMOS SABER DOS CARACOIS?

LOGO DE FACER O DEBUXO SOBRE O QUE XA SABIAMOS DOS CARACOIS PENSAMOS O QUE NOS GUSTARÍA APRENDER
SAIRON MOITAS IDEAS:

QUE MÁIS COMEN E BEBEN
PORQUE BOTAN A BABA
COMO NACEN
QUE CORES TEÑEN AS CONCHAS
PARA QUE LLE SIRVEN OS CORNOS
CANTO MIDEN
ONDE VIVEN
QUE FAN DURANTE O DÍA
QUE TEÑEN POR DENTRO
COMO É A SÚA CARA
CANTOS OLLOS TEÑEN
SE TEÑEN DENTES

TEMOS MOITO QUE INVESTIGAR PARA APRENDER TODO ISTO!!!

COMEZAMOS FACENDO UNS MURAIS PARA ESCRIBIR TODO O QUE PENSARAMOS
PINTAMOS UNS CARACOIS XIGANTES QUE QUEDARON MOI CHULOS!!!

FIXEMOS UN PARA O QUE XA SABIAMOS

E OUTRO PARA O QUE QUEREMOS SABER

QUEDARON XENIAIS!!!
ESTAMOS FEITOS UNS ARTISTAS!!!

QUE SABEMOS DOS CARACOIS?

XA COMEZAMOS O PROXECTO...

ESTIVEMOS PENSANDO AS COUSAS QUE XA SABEMOS SOBRE OS CARACOIS E AS DEBUXAMOS 

XA SABEMOS MOITAS COUSAS COMO POR EXEMPLO:

COMEN HERBA
LEVAN A SÚA CASA ENRRIBA
NA CONCHA TEÑEN UNHA ESPIRAL
BEBEN AUGA
METENSE DENTRO DA SÚA CASA
BOTAN BABA
NON TEÑEN PATAS
TEÑEN 2 CORNOS

TAMÉN ESCRIBIMOS ALGUNHAS DESTAS COUSAS


AGORA TÓCANOS APRENDER MOITO MÁIS SOBRE OS CARACOIS...
ÍMOLO PASAR XENIAL!!!