CAMBIAMOS DE MES, XA ESTAMOS EN DECEMBRO...
ESTE MES NOS GUSTA MOITO SOBRE TODO PORQUE É O NADAL!!!
TAMÉN NOS GUSTA PORQUE COMEZA O INVERNO E PODE QUE ALGÚN DÍA NEVE...
ENTÓN, APROVEITAMOS E FIXEMOS UNHA RECEITA DO INVERNO
COCIÑAMOS UN BONECO DE NEVE!!!
ESTES SON OS INGREDIENTES QUE PRECISAMOS:
OS ESCRIBIMOS
E FIXEMOS UN DEBUXO DO BONECO DE NEVE
LOGO COMEZAMOS A COCIÑAR!!!
SEGUIMOS OS PASOS UN A UN, PRESTADE ATENCIÓN SE VÓS TAMÉN OS QUEREDES SABER:
PRIMEIRO (DESPOIS DE QUE A PROFE PELARA E CORTARA AS MAZÁS) COLOCAMOS UN ANACO GRANDE DE MAZÁ PARA O CORPO E UN ANACO PEQUENO PARA A CABEZA
ESTE FOI O RESULTADO:
SEGUNDO BOTAMOS UN POUCO DE NATA ENCIMA DA MAZÁ PARA FACER A NEVE
QUEDOUNOS ASÍ DE BEN:
TERCEIRO COLOCAMOS CHUCHES PARA OS BRAZOS, OLLOS, BOCA E BOTÓNS.
PUXEMOS POUCAS CHUCHES PORQUE XA SABEMOS QUE NON SE PODEN COMER MOITAS QUE NOS DOE A BARRIGA COMO LLES PASA AS FADAS E OS TRASNOS
E ASÍ DE XENIAIS NOS QUEDARON OS NOSOS BONECOS DE NEVE!!!
AGORA QUEDABA O MAIS IMPORTANTE...
COMELOS!!!
A CASE TODOS NOS ENCANTOU, ESTABA RIQUÍSIMO!!!
PERO TODOS E TODAS O PROBAMOS...
No hay comentarios:
Publicar un comentario