martes, 15 de mayo de 2018

DÍA DA FAMILIA

HOXE 15 DE MAIO CELÉBRASE OS DÍA DA FAMILIA E POR ISO QUIXEMOS FACER ALGO ESPECIAL PARA TODAS AS FAMILIAS.

APROVEITANDO QUE PRONTO SE VAI FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS TRABALLAMOS UNHA POESÍA DE MARÍA VICTORIA MORENO VÁZQUEZ, QUE É A HOMENAXEADA DESTE ANO.

TRABALLAMOS UN ANACO DA POESÍA "CAN BRANCO, CAN NEGRO", MÁIS CONCRETAMENTE A PARTE DE CAN NEGRO.
DI ASÍ:

CHAMÁRONLLE NICOLAU
UN DÍA DE PRIMAVERA
CANDO CHEGOU A ESTA VIDA
AQUEL NOBELO DE SEDA.
ERA UN CANCIÑO MOI FEITO
DE CAPA BRILLANTE E NEGRA,
DOCES OLLIÑOS DE MEL 
E BONDADOSAS ORELLAS.
NICO NON ERA LAMBÓN
MÁIS GUSTÁBANLLE AS GALLETAS, 
TOLEABA POLO PAN
E ERA FELIZ COAS CODELAS.

LOGO DE LELA VARIAS VECES FIXEMOS UNHA MANUALIDADE DO CAN PARA AS FAMILIAS. O FIXEMOS TAL E COMO NOS DESCRIBE A POESÍA.

PINTAMOS CON PURPURINA UNHA CAPA NEGRA E BRILLANTE
PINTAMOS CON CERAS A CARA DO CAN E LLE PUXEMOS OLLOS E NARIZ.

E POR ÚLTIMO LLE FIXEMOS UNHA GALLETA CON PEPITAS DE CHOCOLATE QUE AS FIXEMOS CON PAPEL SEDA MARRÓN.

E ASÍ DE BONITOS NOS QUEDARON OS CANS

ADEMAIS DA MANUALIDADE QUIXEMOS FACERLLE OUTRO AGASALLO AS NOSAS FAMILIAS.
CAL SERÁ?...
ENTRE TODOS RECITAMOS A POESÍA E FIXEMOS UN VÍDEO.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!
PREME NA IMAXE SE QUERES VELO



No hay comentarios:

Publicar un comentario