jueves, 31 de mayo de 2018

SÍMBOLOS CASTREXOS

ESTES DÍAS APRENDEMOS QUE OS CASTREXOS NON TIÑAN FOLIOS, NIN CARTULINAS, ...
ESCRIBÍAN EN PEDRAS!!!
FACÍAN MOITOS SÍMBOLOS NAS PEDRAS
BUSCAMOS ALGÚN DELES

LOGO ELIXIMOS O SÍMBOLO QUE MAIS NOS GUSTOU E O FIXEMOS CON GOMETS


OLLADE QUE BEN NOS QUEDARON!!!


POR ÚLTIMO EMPREGAMOS OUTRA VEZ O BARRO
ESTA VEZ PARA FACER UN COLGANTE E DEBUXARLLE UN SÍMBOLO CASTREXO

PRIMERIO FIXEMOS UNHA BOLA PARA O COLGANTE E LOGO OS PINTAMOS

XA ESTÁN LISTOS!!!
QUE BEN NOS QUEDARON!!!

miércoles, 30 de mayo de 2018

XOGO DA BIBLIOTECA

COMA TODOS OS MÉRCORES FOMOS PARTICIPAR NO XOGO DOS CASTROS DA BIBLIOTECA
HOXE TIROU LEO

SACOU UN 3
NOS MOVEMOS ATA A CASILLA NÚMERO 42
CAEMOS NUN CASTRO QUE NOS LEVOU ATA Á META!!!

POR FIN CHEGAMOS!!!
YUJU!!!

QUE BEN O PASAMOS CON ESTE XOGO



VISITAMOS A CLASE DOS MAIORES

OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO CURSO DE PRIMARIA TAMÉN ESTÁN INVESTIGANDO OS CASTROS E NOS INVITARON A IR A SÚA CLASE PARA CONTARNOS E ENSINARNOS TODAS AS COUSAS QUE APRENDERON.
ASÍ QUE, ALÁ FOMOS!!!

UN POR UN NOS FORON CONTANDO COUSAS QUE INVESTIGARAN E NÓS ESCOITAMOS MOI ATENTOS.
LOGO PUDEMOS OLLAR TODO O QUE TIÑAN NA CLASE.
O QUE MÁIS NOS GUSTOU FORON OS CASTROS QUE TIÑAN DE PEDRA

NOS ACERCAMOS UN POUCO PARA VER COMO ERA UN CASTRO POR DENTRO.
TIÑA O LUME PARA COCIÑAR, A PALLA PARA DURMIR ENCIMA DELA, ...

MOITAS GRACIAS RAPACES!!!
ENCANTOUNOS IR A VOSA CLASE!!!

martes, 29 de mayo de 2018

MEDRAN AS FABAS?

ESTES DÍAS Ó CHEGAR A CLASE O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI MIRAR AS FABAS A VER SE CRECERAN ALGO.
E SI QUE CRECERAN UN POUCO, QUE BEN!!!

PERO CANTOS DÍAS TIÑAMOS QUE ESPERAR?
BUSCAMOS EN INTERNET CANTOS DÍAS TARDABA EN NACER UNHA FABA DENTRO DUN ALGODÓN.
NOS POÑÍA QUE TARDABA MAIS OU MENOS SOBRE 10 DÍAS

ENTÓN FOMOS MIRAR Ó CALENDARIO

SEMENTAMOS AS FABAS O DÍA 25 DE MAIO

A PARTIR DO 25 CONTAMOS 10 DÍAS MAIS PARA SABER QUE DÍA ÍA XERMINAR

XA O AVERIGUAMOS!!!
TEN QUE XERMINAR O 4 DE XUÑO!!!
FIXEMOS UNHA MARCA NO CALENDARIO PARA ACORDARNOS

 SO NOS QUEDA AGARDAR...



domingo, 27 de mayo de 2018

SEMENTAMOS FABAS

COMO OS CASTREXOS SEMENTABAN ALIMENTOS, NOS NON IAMOS SER MENOS!!!

QUIXEMOS FACER UN EXPERIMENTO...
SEMENTAMOS FABAS EN ALGODÓN!!!

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI OLLAR UN VIDEO NO QUE NOS INDICABA CALES ERAN OS MATERIAS QUE PRECISABAMOS E CALES ERAN OS PASOS QUE TIÑAMOS QUE SEGUIR.

OS MATERIAS NECESARIOS SON:
ALGODÓN
FABAS
AUGA
BOTES TRANSPARENTES ETIQUETADOS COS NOSOS NOMES
O PRIMEIRO PASO QUE TIÑAMOS QUE FACER ERA MOLLAR UN POUCO O ALGODÓN NA AUGA E METELO DENTRO DO BOTE


LOGO COLLEMOS 2 FABAS E AS METEMOS DENTRO DO BOTE. TEÑEN QUE QUEDAR EN CONTACTO CO ALGODÓN HÚMEDO

XA ESTÁ LISTO. QUE FÁCIL!!!
XA TEMOS TODOS E TODAS OS NOSOS BOTES CAS FABAS SEMENTADAS
QUE BEN!!!

AGORA TOCA ESPERAR ATA QUE MEDREN...
XA ESTAMOS IMPACIENTES!!!