HOXE NOS MARCHAMOS DO COLE...
FOMOS DE EXCURSIÓN ATA A CORUÑA!!!
YUJU!!!
PRIMEIRO FOMOS AO DOMUS.
VIMOS MOITAS COUSAS DAS QUE INVESTIGAMOS NA CLASE
ENCONTRAMOS UNHA PELVIS
VIMOS VARIOS ÓSOS FÉMUR DE DISTINTOS TAMAÑOS
O MÁIS GRANDE É DUN ELEFANTE
ATRAVESAMOS UN CORAZÓN
ESTIVEMOS DENTRO ESCOITANDO OS LATIDOS
E TAMÉN FIXEMOS OUTRAS COUSAS MOI DIVERTIDAS
PINTAMOS UN POUCO
E XOGAMOS NUNS ESPELLOS QUE NOS FACÍAN MÁIS ALTOS OU PEQUENOS E MÁIS ESTREITOS OU ANCHOS.
DESPOIS FIXEMOS UN DESCANSO PARA COMER E REPOÑER FORZAS!!!
AO REMATAR DE COMER VISITAMOS Ó ACUARIO
ESTIVEMOS MOI ATENTOS ESCOITANDO TODO O QUE NOS CONTABAN
XA NA ENTRADA VIMOS UNHA MÁSCARAS MOI SIMPÁTICAS FEITAS CON COUSAS QUE SE ENCONTRABAN TIRADAS NO MAR
ENCONTRAMOS UNHA MANDÍBULA DUN TIBURÓN
TIÑA UNS DENTES MOI AFIADOS
LOGO FOMOS POLAS DISTINTAS SALAS E VIMOS MOITOS PEIXES
UNS QUE SE ESCONDÍAN NA AREA
TAMÉN VIMOS VARIOS PULPOS
MEXILLÓNS E CABALLITOS DE MAR
TOCAMOS UNHA ESTRELA DE MAR
VIMOS VARIAS FOCAS NADANDO
E POR ÚLTIMO VIMOS Ó QUE LEVABAMOS ESPERANDO TODO O DÍA
O TIBURÓN GASTÓN!!!
ERA ENORME!!!
E AGORA TOCABA VOLVER PARA CASA E DESCANSAR DESPOIS DESTE DÍA TAN MÁXICO E CHEO DE AVENTURAS.
FOI UN DÍA MOI DIFERENTE NO QUE VIMOS MOITAS COUSAS E APRENDEMOS UN MOGOLLÓN.
PASÁMOLO XENIAL!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario