miércoles, 19 de abril de 2017

COMEZAMOS NOVO PROXECTO

HOXE NA NOSA AULA APARECEU ALGO MISTERIOSO

CANDO CHEGAMOS VIMOS POLO CHAN UN CAMIÑO DE FOLLAS. PORQUE ESTABA ISTO AQUÍ? QUEN O TROUXO?... FORON MOITAS AS PREGUNTAS QUE NOS PLANTEXAMOS.




COMO NON AVERIGUABAMOS NADA DECIDIMOS BUSCAR ARREDOR A VER SE ENCONTRABAMOS ALGO MÁIS. E ASÍ FOI... ENCONTRAMOS UNHA NOTA!!!


NESA NOTA POÑÍA QUE UN GRUPO DE 10 AMIGOS VIÑERAN A NOSA AULA E QUE COMO ERA TAN GRANDE SE PERDERAN ENTRE OS NOSOS XOGUETES. ENTÓN NOS PEDIRON AXUDA PARA QUE SE VOLVERAN A ENCONTRAR E ESTAR XUNTIÑOS OUTRA VEZ.

PERO AÍNDA NON SABIAMOS QUE ERAN ESES 10 AMIGOS. QUE PODÍAN SER? PENSAMOS EN FORMIGAS, LEÓNS, PERSOAS, ...

PARA SABELO TIÑAMOS QUE BUSCAR 11 PEZAS POLA AULA E CONSTRUIR UN QUEBRACABEZAS. ENTÓN PUXÉMONOS A BUSCALAS...


CANDO XA AS ENCONTRAMOS COLOCÁMOLAS NO SEU SITIO E...



APARECEU UN CARACOL!!!

NA NOSA AULA TIÑAMOS 10 CARACOIS ESCONDIDOS!!!



TEMOS QUE COMEZAR A INVESTIGAR E APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE OS CARACOIS PARA AXUDALOS.

E O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI ESCRIBIR UNHA NOTA PARA AS FAMILIAS NA QUE DEBUXAMOS CARACOIS



CONTINUARÁ...
QUE BEN O IMOS PASAR!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario