HOXE DESCUBRIMOS QUE A ESCULTURA DE "LA MUJER Y EL PÁJARO" MIDE 22 METROS.
ENTÓN COMEZAMOS A FACER UNHA SERIE DE ACTIVIDADES:
CONTAMOS ATA 22 NA SERIE NUMÉRICA
CONTAMOS 22 CERAS
PEGAMOS 22 GOMETS EN LIÑA RECTA
ESCRIBIMOS OS NÚMEROS ATA O 22
XOGAMOS NA PANTALLA A UNIR PUNTOS E FIXEMOS UN ELEFANTE, UN MOUCHO, UN OSO POLAR, UN MORCEGO, UN LOBO E UN PINGUINO.
OS NENOS DIXERON QUE 22 METROS NON ERA NADA, QUE ERAN MOI POUQUIÑOS. ALGÚNS COMENTARIOS DELES FORON:
"PEDIMOS UNHA ESCALEIRA E XA NOS CHEGA PARA MEDILOS"
"22 METROS NON É NADA, ISO O MIDE UNHA RATA"
"UNHA CANASTA DE BALONCESTO MIDE 22 METROS"
ENTÓN FOMOS O PATIO A AVERIGUAR CANTO ERAN 22 METROS.
UN NENO COLLEU POLA PUNTA E FOMOS ESTIRANDO O METRO ATA CHEGAR OS 22. NON DABAMOS CHEGADO...
E POR FIN CHEGAMOS
FIXEMOS CARREIRAS DUNHA PUNTA A OUTRA E POR ÚTLIMO TUMBAMONOS NA PISTA COS BRAZOS PARA ARRIBA PARA VER SI COS NOSOS CORPOS CHEGABAMOS OS 22 METROS
CANDO NOS TUMBAMOS TODOS QUEDAMOS ABRAIADOS POIS AÍNDA QUEDABA MOITO PARA CHEGAR O FINAL
AGORA XA SABEMOS QUE A ESCULTURA DE MIRÓ MIDE MOITO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario