HOXE FIXEMOS UNHA NOVA CREACIÓN CA TÉCNICA DO SOPLADO.
PRIMEIRO VIMOS UN VÍDEO PARA APRENDER BEN COMO SE FAI. CANDO XA O TIÑAMOS ENTENDIDO COMEZAMOS...
PRIMEIRO MESTURAMOS A PINTURA CON AUGA PARA QUE ESTIVERA LÍQUIDA.
SEGUNDO ELIXIMOS 4 CORES E BOTAMOS UN POUCO DE CADA UN NUN FOLIO
TERCEIRO O MÁIS DIVERTIDO... A SOPRAR CUNHA PALLIÑA!!!
FIXEMOS CARACOIS, BARCOS PIRATAS, LEÓNS, OVELLAS, CABALOS, MONTAÑAS, MONSTROS, COCHES, PULPOS ... DEIXAMOS VOAR A NOSA IMAXINACIÓN.
E POR ÚLTIMO SO NOS FALTABA POÑERLLE UN TÍTULO
MIRADE QUE BONITOS NOS QUEDARON OS NOSOS CADROS