HOXE CELEBRAMOS NO COLE O DÍA DA PAZ. XUNTÁMONOS NA BIBLIOTECA.
PRIMEIRO OLLAMOS UN VÍDEO DE MALALA, UNHA NENA LOITADORA DA EDUCACIÓN E OS DEREITOS DAS MULLERES.
PREME NA IMAXE PARA SABER UN POUCO MÁIS DELA.
LOGO ESCOITAMOS E VIMOS A CANCIÓN DE "MADRE TIERRA (OYE)" DE CHAYANNE NA QUE BAILAN TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE. PREME NA IMAXE PARA PODER VELO.
E POR ÚLTIMO VIMOS O VÍDEO QUE FIXEMOS TODOS OS NENOS, NENAS E MESTRES DO COLE INTERPRETANDO A CANCIÓN DE "MAREA DE GENTE" DE MACACO. PREME NO SÍMBOLO DA PAZ PARA PODER VELO.
ADEMAIS FIXEMOS UNHA ÁRBORE CON TODAS AS MANS, ESCRIBINDO NELAS PALABRAS TAN BONITAS COMO AMOR, AMIZADE, QUERER, FELIZ, BICO, AMIGO, COMPARTIR, ABRAZO, CARIÑO, ESCOITAR, AXUDAR...
NA CLASE DECORAMOS O SÍMBOLO DA PAZ E PUXÉMOLO DE COLGANTE.
MIRADE QUE CHULOS NOS QUEDARON...
No hay comentarios:
Publicar un comentario